O FESTIVAL

Descubre un encontro único

Festival
SAL

O Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña é un novo evento gastronómico que recolle o espírito aberto, acolledor e cosmopolita da cidade herculina, co fin de experimentar e poñer en valor a gastronomía atlántica coruñesa como un lugar de encontro e unha forma divertida de entender e gozar a vida.

Este gastrofestival, impulsado polo Consorcio de Turismo e Congresos do Concello da Coruña, celebra en 2018 a súa primeira edición cun cartel de excepción, que quere reflectir todo o potencial dunha cidade que é hoxe a punta de lanza da cociña galega contemporánea.

Do 15 ao 17 de xuño, o público poderá degustar propostas de gastronomía galega dos mellores restaurantes da Coruña, ademais de gozar de showcookings e jam sessions de cociña  atlántica, talleres e charlas sobre produtos de proximidade, food trucks, ocio infantil e música en vivo. Tampouco faltarán á cita un total de 12 chefs con Estrellas Michelin de España e Portugal.

A presencia dos produtores galegos máis auténticos da man do Mercado da Colleita, completa esta cita imprescindible co turismo gastronómico da máis alta calidade.

DÉIXATE LEVAR POLOS SABORES ATLÁNTICOS

A Coruña vive a gastronomía a través da súa cociña e dos seus produtos. É un territorio que se reivindica como destino gastronómico. Un lugar de encontro para mergullarse na cociña atlántica e na gastronomía galega.

O Festival SAL Sabores Atlánticos permitirá gozar de produtos do noso mar e da nosa terra, produtos de tempada e de calidade que beben do clima atlántico.

E permitirá vivir tamén unha cidade, A Coruña, que se converteu nun dos puntos de referencia da gastronomía galega e española, con restaurantes e chefs que combinan o tradicional e o creativo, o local e as influencias foráneas.

A Coruña é xa un destino gastronómico imprescindible para descubrir a cociña atlántica e galega, con restaurantes de primeiro nivel, incluídos Estrellas Michelin -de Galicia, Asturias, Canarias, Huelva e Portugal-, onde o tradicional deixa tamén oco a procesos innovadores e creativos.

UN GASTROFESTIVAL
DE COCIÑA ATLÁNTICA

“Experimenta, saborea e goza os sabores atlánticos nunha cidade aberta e mariñeira, cunha cociña sen artificios na que o produto é o protagonista”.

Por que Festival SAL?

O sal non é só un elemento imprescindible na cociña, tamén o símbolo dunha maneira de enfrontarse ao mundo e de dotar de personalidade propia á gastronomía. Bañada polo océano e os ventos atlánticos, o sal é fundamental na cociña coruñesa: con el cocíñanse peixes e mariscos atlánticos, fanse deliciosos queixos e aderézanse as nosas magníficas carnes.