Concerto 1906: Antonio Lizana

Antonio Lizana

Música

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 22:00

ONDE?

Escenario SAL

   

O de Antonio Lizana co jazz e o flamenco máis que fusión é pura combustión. A irrupción deste gaditano na escena musical foi un auténtico impacto a proba de sismógrafos sonoros. Despois da primeira andanada que supuxeron os seus discos De Viento (2012) e Quimeras del mar (2015), a publicación de Oriente (2017) significou a confirmación definitiva dun revitalizador extraordinario no cruzamento que une o sentimento do ‘ jondo’ coa arte da improvisación. Na súa dobre faceta como saxofonista e cantaor o músico gaditano soubo dar un novo impulso a este xénero con identidade propia con referentes ilustres como o propio Pedro Iturralde, Jorge Pardo, Carles Benavent e Chano Domínguez, entre outros.

Aínda que o seu primeiro contacto coa música fose a través do rock e a súa formación académica fose no ámbito do clásico, foi a súa vivencia flamenca e o derivado do jazz o que acabou definindo a súa personalidade musical. A alquimia de filtrar todos eses coñecementos e experiencias na súa proposta é o que lle concedeu de forma natural e espontánea uns códigos sonoros que o acreditan como a revelación do momento no territorio que une a baía de Cádiz cos peiraos de Nova York.

Antonio Lizana – Saxo e Voz
Daniel García – Piano
Jesús Caparrós – Baixo
Shayan Fathi – Batería

00000