Programación musical

Programación musical

Música

Programación musical

Venres 15 Xuño
21:00 The Swinging Flamingos Sexter (Escenario SAL)
17:00 – 19:00 DJ Cuco (Explanada do Parrote)

Sábado 16 Xuño
12:00 – 19:00 DJ Cuco (Explanada do Parrote)
15:00 María Toro (Escenario SAL)
22:00 Antonio Lizana (Escenario SAL)

Domingo 17 Xuño
12:00 – 17:00 DJ Cuco (Explanada do Parrote)
14:30 Sara Lorenzo Trio (Escenario SAL)

A música terá unha presenza destacada no Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña, e subirase ao seu escenario principal da man de Hijos de Rivera. E como non podía ser doutra maneira tendo detrás a Cerveza 1906, os tres días de festival contarán cunha banda sonora con parte do mellor do jazz local e estatal.

As formacións locais Sara  Lorenzo TrioThe Swinging  Flamingos Sextet abrirán e pecharán a programación musical desta primeira edición do gastrofestival coruñés, con senllas actuacións a noite do venres e o mediodía do domingo respectivamente.

Un dos pratos fortes saborearanse o sábado ao mediodía coa coruñesa María Toro, que a pesar da súa mocidade, xa se labrou unha carreira profesional envexable. O seu traballo e talento levouna a tocar con grandes agrupacións como Flamencos  on Route e vivir grandes experiencias en Río de Janeiro e Nueva York.

E para despedir a segunda xornada, chegará ao Escenario SAL Antonio Lizana, artista que supuxo un sopro de aire fresco na fusión entre o flamenco e o jazz. Este gaditano combina as súas melodías co saxo co seu cante “ jondo” nun concerto no que a improvisación, a forza e a sublime dixitación do músico sorprenderá aos presentes.

E amenizando os tres días do Festival SAL Sabores Atlánticos estará DJ Cuco, un clásico nas cabinas dos locais da Coruña, pero tamén das festas e eventos gastronómicos da cidade.

00000