
Taller “Conservas vexetais”
Talleres e Charlas
Desde os seus inicios ACASTREXA céntrase na elaboración das súas conservas vexetais seguindo os procesos de elaboración tradicionais e a busca da calidade e innovación.
ACASTREXA nace non só desde as ideas ou medios de vida, senón dun saber facer as cousas, e do traballo do día a día. A súa sabedoría vén de moi lonxe, da época dos gregos, recóllese no libro De re coquinaria de Marco Gavio Apicio, gran gastrónomo romano.
A empresa traballa maioritariamente con materias primas autóctonas naturais, identificando os seus produtos con Galicia, coa súa contorna, a súa cultura, o seu floclore e a súa lingua. ACASTREXA son verdadeiros artesáns, os seus produtos e envasados están feitos a man, polo que a súa produción é limitada.


