

Actividades infantís
Goza en familia
O Festival SAL Sabores Atlánticos está pensado para todos os públicos e para gozar en familia. Contará cun espazo infantil con xogos, actividades creativas e talleres de cociña gratuítos.
Inscrición
Se se desexa participar nos talleres, non te despistes! xa que requiren de inscrición previa. Hai 15 prazas dispoñibles para cada un.
Inscrición dispoñible a partir do 7 de xuño ás 8.00 horas ata o 13 de xuño ás 23.00 horas. A praza será confirmada o xoves 14 de xuño.
Talleres infantís “Cociñando o mar”
Os talleres teñen unha duración de 90 minutos e están dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. Os máis pequenos aprenderán receitas como milfollas de paté de marisco, minihamburguesas de peixe con salsa de aguacate, revolto de grelos con gambas e salsa de queixo de Arzúa. Estás preparado para ser un futuro cociñeiro ou cociñeira da man dos nosos chefs? Estes son os talleres nos que podes anotarte:
- Con Pablo Pizarro (Bocanegra). Venres 15 de xuño, 18:00h. COMPLETO.
- Con Moncho Bargo (Pracer). Venres 15 de xuño, 20:00h. COMPLETO
- Con Javier Freijeiro (Pracer). Sábado 16 de xuño, 12:30h. COMPLETO
- Con Árbore da Veira. Sábado 16 de xuño, 18:00h e 20:00h. COMPLETO
- Con Ángeles Marzoa (Vinoteca Jaleo). Domingo 17 de xuño, 12:30h. COMPLETO