

Casa Pardo
Restauración
Casa Pardo é un restaurante de longa tradición familiar. Desde 2001, o chef Eduardo Pardo Gago lidera a cociña, rexentada desde os anos 50 pola súa familia. De feito, a súa nai Ana Gago foi unha das primeiras innovadoras da cociña galega. A carta do seu catering é sinónimo de raíces atlánticas e produtos de tempada.