
DJ Cuco
Música
Desde o ano 2001 DJ Cuco (tamén coñecido como Mark Cook), foi marcando o seu terreo na A Coruña. Foi ese ano cando entrou en xogo na sala Telefunken, afamado local coruñés que durante unha década deu o mellor da música de baile na cidade. Entón xurdiu o amor por sons trip hop, funk, house, deep house, tech house… Xa fora como Cuco ou como Leetronic, aquel que acudía a unha cita musical facíao baixo o paraugas de ” The Global Man”.
Coas Global Sessions conseguiu o recoñecemento como dj na cidade da Coruña, o que derivaría na apertura do Global Club, un recuncho que marcou as diferenzas durante 3 anos na noite coruñesa. Isto sería o xerme dun espazo moito maior ao que lle chamaría Super Club, polo que pasaron artistas como Ewan Pearson, Rocco, Llorca, Pawas, Shur-I- kan, Samuel L Sessions, Ben Mono & Jori Hulkkonen, Claptone, Kevin Saunderson ou Wagon Cookin.
Participou DJ e VJ en eventos como o 981 Festival e ” As Terrazas do Move”, ademais de sumar como destinos marcados Ginebra e Nueva York, onde compartiu escenarios e cabinas con grandes artistas da electrónica e o house.
Xa na Coruña, DJ Cuco mostra a súa versatilidade e inquietude, ademais de nos locais nocturnos e de restauración da cidade, en moitos dos eventos que nela se celebran como Boucatise ou Galería San Agustín.

