
Taller “Carnes autóctonas de Galicia”
Talleres e Charlas
Héctor López empezou traballando no restaurante da súa familia, o España (Lugo), desde moi novo. Despois de cursar os seus estudos no Centro Superior de Hostalería de Santiago, decidiu empaparse do que se estaba facendo no país, e fíxoo da man de Pedro Subijana e Toño Pérez entre outros.
Anos despois regresou e centrouse na cociña do restaurante España, onde día a día tenta rexuvenecer a cociña de Lugo. Héctor apostou por unha combinación comedida pero perfectamente definida, entre a herdanza ortodoxa e o “aggiornamento” dunha despensa moi sólida da despensa rural, tanto de montaña como de litoral.
Actualmente o restaurante España está inmerso nunha nova etapa cargada de proxectos como o da cría dos seus propios bois galegos, cos que elaboran unha carta de 10 pratos que se converteu no referente galego deste tipo de carne.
En 2014 o Instituto de Calidad Turística Española ( ICTE) outorga ao restaurante a “Q” de Calidad Turística, un galardón que revalida de novo cada ano.


