Taller “Sabores da Costa da Morte I”

Taller “Sabores da Costa da Morte I”

Talleres e Charlas

Con

Jorge Agrasar (As Garzas *)

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 12:30– 13:00

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Easpazo Polivalente

Jorge Agrasar representa á nova xeración da cociña da Costa da Morte. Fillo de Fernando “Caco” Agrasar, mamou a profesión desde neno, vendo aos seus avós e aos seus pais levar o negocio familiar ata o máis alto. Hoxe o restaurante As Garzas (Malpica, A Coruña) loce a súa Estrella Michelin fronte ao océano Atlántico, demostrando que o sabor tradicional tamén é sinónimo de alta cociña.

A das Garzas é unha cociña de mercado, baseada en peixes e mariscos. O produto fala nos seus pratos, que beben da cociña galega tradicional pero cunha visión moderna na súa elaboración e delicadas influencias contemporáneas. Algo que se demostra en todo o servizo, desde os peixes e mariscos da zona, pasando polas preparacións de carnes e a horta, ata a rica e variada repostería, da que Jorge Agrasar é responsable.

00000