
Charla “Cociña mariñera coruñesa I: Historias finas da ameixa da ría”
Talleres e Charlas
Na primeiro das charlas “Cociña mariñeira coruñesa” do Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña contaremos coas historias finas da ameixa da ría, que nos contará Teresa Ramiro, mariscadora na ría de O Burgo da Coruña e poeta.
A RABALEIRA
Sobre a pedra de A Rabaleira
deslizan seus sonhos ,os percebeiros,
sombras dunha esperanza que se quebra
coma a onda na crista dos rochedos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !…
Rabaleira ti es pedra ,eles son carne,
terra e vento ,inmersos no mesmo mar.
Sobre o teu ventre fecundo brincan
enchendo de vida o cesto dos sonhos.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal !…
Con sorrisos de escuma mordendo con furia,
sedento de sombras , en doce cantiga,
vestindo de lágrimas un berro amargo,
o mar os arrola ,roubándolles a vida.
Coiteladas de vida
coiteladas de sal!…
NO MAR CRECERÁN SEMPRE ROSAS.
Teresa Ramiro
