Taller “Herbas do litoral”

Taller “Herbas do litoral”

Talleres e Charlas

Con

Tino Otero (Porto-Muiños) e Kike Piñeiro (A Horta d’Obradoiro)

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 16:15 – 16:45

ONDE?

Sala Polivalente

Tino Otero é un cociñeiro que ten a súa traxectoria profesional marcada pola proximidade do mar. Tras pasar por diferentes cociñas de Plymouth (Reino Unido) ou A Rochelle (Francia) regresa á Coruña, ao restaurante Pablo Galego, no que acabará por quedar 16 anos. Tras esta etapa volve a súa vista profesional ao mundo das algas –de novo o mar- no que centra actualmente os seus esforzos, colaborando na procura novas posibilidades culinarias para esta despensa mariña e traballando ao mesmo tempo na súa divulgación a través do Aula de Cocina Porto-Muiños.

En 2015 Kike Piñeiro abre A Horta d’Obradoiro xunto a Eloy Cancela aos pés da Catedral de Santiago de Compostela. A súa cociña está baseada no produto natural e Atlántico. Ademais dunha elaboración moi coidada, un dos seus puntos característicos é a estética, aproveitando en moitas casos o propio produto para presentalo.

Ademais de ser sas e  nutritivas, as algas teñen sabores, texturas e cores que as fan moi versátiles na cociña. Nas costas coruñesas atopamos moitas especies distintas, con todo, só unhas poucas comercialízanse para uso alimentario. Son un mundo novo por descubrir, e iso é o que fan na aula de cociña Porto-Muiños: ver, probar, cheirar, tocar, crear, descubrir, investigar, gozar… entendendo a cociña como un proceso que non ten fin. As súas investigacións, experimentos gastronómicos e receitas tamén se comercializan ao público, dotando así ao mercado de produtos con todo o sabor e a riqueza do Atlántico.

00000