

Espazo viño
Un vestixio vivo da historia gastronómica atlántica
Venres 15 Xuño
17.00 – 23.00 horas
- Aldea de Abaixo (D.O. Rías Baixas)
- Nairoa (D.O. Ribeiro)
- Quinta da Peza (D.O. Valdeorras)
- Vinos Lara (D.O. Monterrei)
- Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
- Conexión Mandeo (I.G.P. Betanzos)
Sábado 16 Xuño
12.00 – 23.00 horas
- Terra de Asorei (D.O. Rías Baixas)
- Celme (D.O. Ribeiro)
- A Tapada (D.O. Valdeorras)
- Terras do Cigarrón (D.O. Monterrei)
- Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
- Torgo (A Cañiza)
Domingo 17 Xuño
12.00 – 18.00 horas
- Lusco (D.O. Rías Baixas)
- Dona Elisa (D.O. Ribeiro)
- O Casal (D.O. Valdeorras)
- Trasdovento (D.O. Monterrei)
- Ponte da Boga (D.O. Ribeira Sacra)
- Panchín / Sidrón (Negueira de Muñiz)
Ás portas da Coruña, en localidades como Bergondo, Betanzos, Oza dos Ríos, Paderne ou Miño atópanse algunhas das viñas e adegas máis setentrionais da Península Ibérica.
A insolación relativamente baixa da zona, as características do chan e o microclima do golfo ártabro dá a estes viños unha acidez característica e un carácter puramente atlántico.
Viños de pequena produción, difíciles de atopar na actualidade lonxe da súa zona de elaboración, caldos que suman ás súas características organolépticas valores históricos e culturais diferenciadores que os fan únicos.
O Festival SAL reservou un espazo dedicado ao viño no que cada día descubrir e degustar viños de gran calidade, de distintos vales e comarcas dentro das diferentes denominacións de orixe galegas.