
Taller “Foie galego”
Talleres e Charlas
Silverio Tallón, funcionario xubilado e con mocidade na costa de Francia, foi sempre un apaixonado do foie gras e de todas as delicatesen do pato. Así empezou a súa cría en Vilardevós (Ourense), de patos moulard e a súa elaboración de foie gras e confit de peitugas, zancos e ás de pato. Creou Ánades de Galicia e leva con esta industria artesanal un tempo sorprendendo ao mundo desde un recuncho da Galicia máis recóndita.



