Homenaxe a Picadillo II (Mesa redonda)

Homenaxe a Picadillo II (Mesa redonda)

Talleres e Charlas

Con

Xabier Castro, Chau Fernández Gago – Puga, Xabier Maceiras e Fernando Huidobro

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 15:15– 16:00

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo, foi alcalde da Coruña de 1915 a 1917. Ademais de político foi escritor, gastrónomo e considerado pola xente como mellor persoa. A conxunción destas habilidades deu como resultado obras de éxito como A cociña popular galega e algunhas receitas para coresma, Pote aldeano, La cocina práctica, 36 maneras de guisar el bacalao e Vigilia reservada.

Extraordinariamente popular, sobresaía o seu enxeño e sentido do humor que aplicaba, non só á política e á cociña, se non tamén cando se refería a si mesmo. Sempre en defensa da vida popular e reivindicando, en canto podía, o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás cociñas máis elaboradas doutros países, tan de moda na época entre a alta sociedade.

A Coruña réndelle homenaxe cada ano celebrando desde hai 16 anos o Concurso de Tapas Picadillo.

Xabier Castro

Xavier Castro Pérez é un historiador galego nado en Cangas de Morrazo (Pontevedra) en 1954. Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, obtivo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.

Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, e impartiu conferencias e presentou comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea.

Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia e formou parte do equipo de redacción da revista Grial.

Xabier Maceiras

Xabier Maceiras Rodríguez é un escritor galego nado en Arteixo (A Coruña) en 1970. Colaborador de diversas asociacións culturais vinculadas especialmente a Arteixo, traballou na recuperación da historia do seu pobo natal. Ademais, foi habitual da páxina de opinión de xornais como El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña.
Actualmente Xabier Maceiras prepara unha antoloxía dos artigos «non gastronómicos» de Picadillo.

Fernando Huidobro

Fernando Huidobro é malagueño, avogado exercente na firma Iberia Abogados, asesor xurídico e secretario de diferentes entidades e institucións, fundador e actual presidente da Academia Andaluza de Gastronomía y Turismo e membro da Real Academia de Gastronomía.

Parte da súa actividade profesional e o seu tempo libre está orientada á gastronomía, asesorando e colaborando con grandes cociñeiros españois como Ángel León, Paco Morales e Dani García; e gozando e contando o que ocorre en restaurantes e congresos culinarios.

As súas críticas e crónicas aparecen ou apareceron en publicacións como O Correo de Andalucía, SUR,  Apicius, 7 Caníbales ou a páxina web da Real Academia de Gastronomía.

00000