Homenaxe a Picadillo I (Showcooking)

Homenaxe a Picadillo I

(Showcooking)

Talleres e Charlas

Con

Pablo Gallego, Antonio Amenedo e Álvaro Victoriano

CANDO?

Domingo 17 Xuño / 13:10 – 13:40

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo, foi alcalde da Coruña de 1915 a 1917. Ademais de político foi escritor, gastrónomo e considerado pola xente como mellor persoa. A conxunción destas habilidades deu como resultado obras de éxito como A cociña popular galega e algunhas receitas para coresma, Pote aldeano, La cocina práctica, 36 maneras de guisar el bacalao e Vigilia reservada.

Extraordinariamente popular, sobresaía o seu enxeño e sentido do humor que aplicaba, non só á política e á cociña, se non tamén cando se refería a si mesmo. Sempre en defensa da vida popular e reivindicando, en canto podía, o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás cociñas máis elaboradas doutros países, tan de moda na época entre a alta sociedade.

A Coruña réndelle homenaxe cada ano celebrando desde hai 16 anos o Concurso de Tapas Picadillo.

Pablo Gallego

Pódese ser un clásico consagrado da cociña dunha cidade e ao mesmo tempo permanecer na súa vangarda? Pablo Gallego é a demostración de que si, de que é posible ter o nome e a soleira que só outorgan os anos de oficio e continuar sendo unha punta de lanza para unha cociña con raíces e moito sentido común. A gastronomía coruñesa débelle a Pablo, e ao seu restaurante Pablo Gallego, moitas xornadas memorables e unha boa chea de grandes pratos, pero tamén lle debe –e isto é algo non moi frecuente- toda unha xeración de cociñeiros que se forxaron nas súas cociñas e cos que hoxe comparte grupo na asociación Coruña  Cociña, inquietudes e ganas de seguir avanzando.

Antonio Amenedo

É curioso como a cociña de Antonio Amenedo transmite calma e ausencia de présas cando el é alguén que fala sempre dunha maneira acelerada, que non sabe estar quieto, que é capaz de subirse a un avión para irse a coñecer un restaurante alén do mundo -é un dos cociñeiros que máis viaxou para descubrir novas gastronomías- e que queima as súas horas libres subido a unha bicicleta. Pero como por encantamento ese carácter case atropelado tradúcese en pratos tranquilos, pausados, servidos nunha contorna máxica, o do restaurante do Pazo de Santa Cruz de Mondoi. Tal vez sexa esa dualidade a que fai que o seu nome pronúnciase con especial agarimo e sempre cun sorriso entre os demais cociñeiros.

Álvaro Victoriano

Álvaro Victoriano deu os seus primeiros pasos culinarios no Casino de Madrid, como axudante de cociña. Foi o restaurante Jockey, un dos máis importantes de Madrid, o que consagrou a Álvaro como un reputado cociñeiro.

Namorado da materia prima galega, decidiu apostar pola Coruña, dando o salto ao océano Atlántico da man do restaurante O de Alberto onde foi xefe de cociña durante dous anos, chegando a ser mencionados na Guía Michelín. En 2015 pasou a formar parte do Grupo 57 na Coruña, como Director Gastronómico, onde levou a cabo a posta en marcha do Atlántico 57 fronte á praia de Riazor.

Na actualidade, desde maio de 2017, é  copropietario do restaurante Peculiar na Coruña, un espazo de creación, vocación, fusión e innovación na cidade.

00000