Taller “Queixeiros atlánticos IV”

Taller “Queixeiros atlánticos IV”

Talleres e Charlas

Con

Cortes de Muar

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 19:15 – 19:45

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Cortes de Muar é o proxecto de dous irmáns, Rita e Germán, que forman a segunda xeración dunha queixería familiar de Silleda (Pontevedra-Galicia). No seu obradoiro elaboran queixos de maneira artesanal, en producións limitadas, co leite de vacas que pastan libremente nos prados da zona. O mimo e esmero cos que traballan, e o tempo que lle dedican a cada peza, son aceno de identidade da marca.

Ademais da receita tradicional da familia, coa que elaboran as ricas e cremosas  Mimosas – Medalla de Ouro no World Cheese  Awards 2014-, tamén se aventuran a incorporar outras técnicas de produción e afinado inspiradas en variedades internacionais, achegándolles sempre o seu persoal “savoir faire”.

Outras variedades elaboradas por Cortes de Muar son Marigold – Medalla de Prata no World Cheese Awards 2013-, Marianne e Mandy.

00000