Taller “Queixeiros atlánticos I”

Taller “Queixeiros atlánticos I”

Talleres e Charlas

Con

Rey Silo

CANDO?

Venres 15 Xuño / 20:15– 20:45

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

A variedade do tipo de queixo Rey Silo é un dos máis estendidos de Asturias, onde se elabora desde tempos inmemorables nas pequenas caserías diseminadas polos vales e as montañas da zona central do Principado aproveitando o excedente de leite producido por estas pequenas explotacións gandeiras.

O queixo Rey Silo presenta un contido mínimo en materia seca do 30%, así como un contido mínimo sobre extracto seco de graxa e proteína de entre o 45% e o 35%, respectivamente.

Este queixo ten forma troncocónica, cun peso entre os 240 e 280 gramos, e unha cortiza natural de consistencia variable, dependendo do grao de maduración, producida polo mofo  geotricum, co que é afinado.

O Rey Silo é o único, desta variedade, que se elabora con leite enteiro e cru de vaca como se facía antigamente, da que se obtén unha callada  láctica de pasta branda, que se torna alaranxado se se lle engade unha selección de pementos.

00000