Taller “Algas atlánticas”

Taller “Algas atlánticas”

Talleres e Charlas

Con

Tino Otero e Miguel Silvarredonda (Porto-Muiños)

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 14:45 – 15:15

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Tino Otero é un cociñeiro que ten a súa traxectoria profesional marcada pola proximidade do mar. Tras pasar por diferentes cociñas de Plymouth (Reino Unido) ou A Rochelle (Francia) regresa á Coruña, ao restaurante Pablo Gallego, no que acabará por quedar 16 anos. Tras esta etapa volve a súa vista profesional ao mundo das algas –de novo o mar- no que centra actualmente os seus esforzos, colaborando na procura novas posibilidades culinarias para esta despensa mariña e traballando ao mesmo tempo na súa divulgación a través do Aula de Cocina Porto-Muiños.

Porto-Muiños é unha empresa familiar, que comezou en 1998 a comercializar con algas. Os primeiros anos procesábanas para comercializar en deshidratado e conserva, pero actualmente tamén se poden atopar os seus produtos en po, salgadura e frescos. As súas algas distribúense en todos os puntos da comunidade española, e en distintos países dos cinco continentes.

Ademais de ser sas e  nutritivas, as algas teñen sabores, texturas e cores que as fan moi versátiles na cociña. Nas costas coruñesas atopamos moitas especies distintas, con todo, só unhas poucas se comercializan para uso alimentario. Son un mundo novo por descubrir, e iso é o que fan na aula de cociña Porto-Muiños: ver, probar, cheirar, tocar, crear, descubrir, investigar, gozar… entendendo a cociña como un proceso que non ten fin. As súas investigacións, experimentos gastronómicos e receitas tamén se comercializan ao público, dotando así ao mercado de produtos con todo o sabor e a riqueza do Atlántico.

00000