

Taller “Viños de Xerez e Galicia: Diálogo atlántico”
Talleres e Charlas
Pepe Ferrer profundará no coñecemento dos viños do norte e do sur da Península Ibérica, que aínda que con diferentes chans, climas, sistemas de envellecemento, etc. teñen en común o seu carácter atlántico.
Pepe Ferrer é xornalista e comunicador gastronómico. Desde 2015 é Embaixador da D.O. Vinos de Jerez para a gastronomía, cargo a través do cal se embarcou nunha constante peregrinaxe polas cociñas españolas, desvelando a través das súas catas posibilidades ata o momento apenas exploradas e traballando man a man con algúns dos máis influentes cociñeiros contemporáneos.