
Alberto Lareo
Showcookings
Alberto Lareo é un cociñeiro vocacional. Empezou en casa, observando e axudando á súa avoa Rosa. Aos 12 anos acode ao seu primeiro curso de cociña. Formado na Escola de Hostalería Lamas de Abade en Santiago de Compostela, continúa a súa aprendizaxe á beira de chefs como Toñi Vicente, Eneko Atxa, Marcelo Tejedor, Jacques Maximin ou Jean- François Piège. Estas experiencias sérvenlle para coñecer cociñas clásicas e vangardistas, tanto nacionais como internacionais, principalmente de Francia. Con só 26 anos chega de París para quedar en Galicia e abrir Manso, o seu restaurante en Santiago de Compostela.
Lareo dá renda solta á súa creatividade e cada día improvisa o menú segundo os produtos do mercado. A súa cociña, de base tradicional, tamén se nutre de vangarda e ingredientes foráneos.
No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Pablo Pizarro (Bocanegra) e Juanlu Fernández (Cañabota).

