![](https://festivalsal.eu/wp-content/uploads/2018/05/RodrigoGarcíaChefRestauranteCrudo-ook.jpg)
![](https://festivalsal.eu/wp-content/uploads/2018/05/RodrigoGarcíaChefRestauranteCrudo-cuadrada.jpg)
Rodrigo García
Showcookings
Rodrigo García é chef executivo e fundador de Crudo Bites & Shots, un local situado na Cidade Vella da Coruña que fusiona a estética street e os sabores explosivos peruanos e mexicanos co toque galego. Economista de profesión abandona pronto ese campo para dedicarse á súa maior paixón, a cociña. Autodidacta e amante do puro e o creativo, Rodrigo comeza a crear pratos cun mesmo denominador común: o sabor, utilizando para iso tres factores básicos: a cociña da súa avoa, o seu afán por viaxar e un exhaustivo estudo do produto.
No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha jam session atlántica xunto a Alén Tarrío (Pampín Bar) e Chechu Rey (Hijos del Rivera).