Pablo Pizarro
Showcookings
Aínda que nacido en Arxentina, Pablo Pizarro é galego de adopción. É un dos chefs que está a transformar a escena gastronómica coruñesa e convertendo o tapeo en alta cociña na cidade. Nos fogóns da súa casa descobre o seu oficio, abraza a cociña e estuda hostalería. Fórmase en fogóns como os do restaurante Zanko, Pimentón ou o hotel Attica 21. En 2014 incorpórase a Bocanegra, de Concepto Negra, un proxecto gastronómico novo na Coruña onde ten total liberdade para crear. Nas súas coloridas tapas de autor traballa co mellor produto autóctono e de mercado, introducindo influencias exóticas na súa elaboración.
No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Alberto Lareo (Manso) e Juanlu Fernández (Cañabota).