
Diego Novas
Showcookings
Diego Novas fórmase en cociña no CIFP Manuel Antonio de Vigo. Este novo cociñeiro gaña experiencia nos fogóns de Mesón Aguia, Osushi e Maruja Limón. Coincide neste último restaurante con Marcos Blanco, co que tamén estudara. Xuntos deciden emprender en 2016 o proxecto Barrabasada, un concepto de cociña bastarda instalado no Urban Market de Vigo.
A súa oferta é dinámica e chea de improvisación, segundo o produto fresco que atopen ese día no Mercado do Progreso. A súa proposta baséase en tapas con ingredientes galegos de calidade pero con sabores chegados de todo o mundo, conseguindo unha cociña de fusión e innovadora.
No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Carlos Villar (Abikore) e Adrián Felipez (MIGA).

