
Lucía Freitas
Showcookings
Esta cociñeira compostelá trasládase con 19 anos ao País Vasco para estudar na Escola de Hostalería de Artxanda. Ao acabar esta etapa, trasládase a Barcelona, onde aprende pastelería con Jordi Butrón. Despois continúa a súa formación en cociñas de recoñecido prestixio como Celler Can Roca, El Bohío, Mugaritz e Tápies. Tras unha estancia en Bens d’ Avall (Mallorca), decide regresar a casa, a Galicia, e cumprir o seu soño: abrir o seu propio restaurante: A Tafona Casa de Xantar.
A cociña de Freitas ten identidade propia e seduce con produtos de calidade e propostas orixinais e creativas.

