Mercado da Colleita

Mercado da colleita

Produtores

Os produtores son parte fundamental da cociña galega. Os pratos do Festival SAL apostan por produtos e da terra, pola proximidade e a calidade. Sen o primeiro elo da cadea, os nosos produtores, os sabores atlánticos non terían sentido. Ou polo menos os nosos padais notaríano!

O Mercado da Colleita chega ao Festival SAL para facer visibles os produtos “inspiradores” do rural galego. Trátase dun proxecto social posto en marcha por Hijos de Rivera que pretende impulsar o desenvolvemento socioeconómico do rural de Galicia. Faino a través da divulgación de iniciativas que teñen algo en común: a elaboración de produtos singulares, de calidade, sustentables e que achegan un valor diferencial ao rural.

Coñece aquí a comunidade de iniciativas do Mercado da Colleita.

   

Un lugar para descubrir

Para que o público coñeza de preto aos produtores galegos, o Festival SAL reserva un espazo en #modorural para o Mercado da Colleita. Nel estarán presentes marcas como Maeloc, Ponte da Boga, Casa Grande de Xanceda, Galo Celta, Calabizo, Horta de Teodoro, Abella Lupa, Amorodo, Arqueixal, Bico de Xeado, Castañas Naiciña, Cortes de Muar, Milhulloa, Kalekói, Daveiga, Orballo ou Pazo de Vilane.

Un espazo para degustar

Mentres descobres este espazo do Festival SAL, poderás saborear as sidras de  Maeloc, elaboradas de forma tradicional e con mazás 100% galegas. Ademais, realizaranse degustacións e catas, ás que te poderás apuntar o mesmo día.

Temén haberá unha zona habilitada para a venda, onde todas as iniciativas do Mercado da Colleita estarán presentes. Leva para a casa os mellores produtos do rural galego!

00000