
Javier Olleros
Showcookings
Javier Olleros pertence a unha familia de tradición hostaleira de O Grove (Pontevedra), sendo os seus pais os propietarios do Hotel Mar Atlántico na localidade pontevedresa. Estudou cociña na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela, tras o cal traballou en Casa Solla con Pepe Solla, con Sergi Arola na Broche de Madrid, en Zallo Barri (Gernika) e aprendeu de Seiji Yamamoto en Tokio. En 2009 abre Culler de Pau en O Grove cunha decidida aposta pola cociña galega contemporánea.
A súa cociña creativa, emocional, de produtos de proximidade e de tempada, son unha fusión perfecta de sabores de horta e mar. En 2012 faise coa Estrella Michelín.


