Moncho Bargo

Moncho Bargo

Showcookings

Establecemento

Pracer

Actividade

Showcooking xunto a Javier Freijeiro

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 20:00 – 20:30

ONDE?

Escenario SAL

 

Nacido na Laracha pero afincado na Coruña desde neno, Moncho  Bargo comeza na hostalería cun bar de copas ata que decide dar o salto aos fogóns. Cúrtese no estranxeiro, como xefe de cociña no Restaurante Dionika de Edimburgo e en Vilas do Sol de Ibiza, e como xefe de partida no famoso Nobu de Londres. Ao volver a Galicia xestiona varios restaurantes coruñeses, entre eles Spoom. En 2017 gaña a segunda edición do premio Incitus co proxecto Pracer, unha taberna canalla, resultado das experiencias e a aprendizaxe en diferentes países do mundo pero apostando polos produtos locais, quilómetro 0 e cociña de calidade.

En pouco tempo abrirá as súas portas no centro da Coruña, xunto ao seu compañeiro Javier Freijeiro, con quen ofrecerá un showcooking no Festival SAL Saborea Atlánticos A Coruña.

00000