

Taller “Panadeiros atlánticos II”
Talleres e Charlas
Pan da Moa trata de evocar a nostalxia, a sinceridade dos sabores, os crocantes das cortizas, os cheiros a pan ben feito e as faragullas melosas e deliciosas que deron fama mundial ao pan galego.
A marca busca a excelencia e o equilibrio das sensacións cunha filosofía na que prevalece a utilización das materias primas 100% naturais, os procesos artesanais e os enfornados como os de antes, todo cunha idea da elegancia e estilo inconfundible para cada unha dos nosos produtos.
Desde a obrigación para seguir a tradición, aquela que fai que as raíces marquen diferenza e non deixen apartarse do camiño marcado pola fama dos pans de Compostela. E é que Galicia marcou tendencia no mundo das masas brandas ou hidratadas. Pan da Moa conserva a tradición, as porcentaxes de auga e a calidade das fariñas, pero aplicándolle a marca de identidade que lles diferencia. Algo conseguido grazas a tempos de fermentación prolongados e a utilización de masas nai naturais, así como pola paixón e saber facer dos seus panadeiros.