Taller “Marmelada artesá. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas”

Taller “Marmelada artesá. Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas”

Talleres e Charlas

Con

As Camposeiras

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 17:00 – 17:30

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” ten o obxectivo de poñer en valor do territorio (os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado), incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural e do fomento da cohesión social.

En Oleiros é onde a arqueóloga Nuria Calo fundou en 2010 As Camposeiras, unha marca de conservas tradicionais a base de froita e verdura que ela mesma cultiva na súa leira. Os sabores tradicionais, como fresón, mazá ou pera conviven con outros máis exóticos, como cabaza e vainilla, laranxa con café ou grelo.

A froita e verdura utilizada para as conservas é produto da súa explotación e de produtores de confianza da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do  Mandeo, polo que aseguran a súa calidade desde a horta ata o seu envasado. No  obradoiro reconvértenas en conservas listas para o seu gozo.

Coas súas conservas quere que a xente volva á infancia a través dunha alimentación xa baseada en produtos artesáns moi coidados e de calidade.

00000