Taller “Queixeiros atlánticos II”

Taller “Queixeiros atlánticos II”

Talleres e Charlas

Con

Airas Moniz

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 17:45 – 18:15

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

ONDE?

Espazo Polivalente

Outeiro SC é unha empresa familiar situada en Chantada (Lugo), dedicada á elaboración artesanal de produtos lácteos. Na década dos 80 apostou pola mellora xenética, convertendo a súa explotación en punteira en Galicia. Agora decidiu volver ás orixes, pasando dun modelo de produción intensivo a outro baseado no pastoreo como maneira de redución de custos e pola transformación como vía para obter maior rendibilidade do leite.

Con ese obxectivo desde decembro de 2016 comeza a producir queixo baixo a marca Airas Moniz, realizado con leite de jersey, cuxos glóbulos graxos son moi grandes e sepáranse en dúas calladas. Coa nata, que queda por encima, fan manteiga e co resto, requeixo e tres variedades de queixo. Por esta división da callada logran que, a pesar de que as jersey producen moita materia graxa, o produto final sexa un queixo baixo en graxa (ten tan só un 28% de materia graxa, 10 puntos por baixo da maioría dos queixos galegos).

Airas Moniz ten tres elaboracións no mercado: Terra, un queixo de pasta branda, Cíthara, un queixo de pasta prensada semicocida tipo gouda que ten entre 6 e 12 meses de maduración, segundo o peso, e Savel, un queixo azul. A variedade Terra foi premiada en 2017 coa medalla de bronce no Salón Gourmet de Madrid.

00000