
Gerson Iglesias
Showcookings
No ano 2000 remaa os seus estudos na Escola de Hostalería de Vilamarín (Ourense), especializándose en cociña e panadaría. Gerson Iglesias conta cunha ampla traxectoria profesional en restaurantes galegos. A máis recente como propietario e cociñeiro en Ruxe Ruxe, de Vigo, que supuxo un aire innovador na gastronomía da cidade. En 2018 colle as rendas dos fogóns da Adega de Caldas en Ourense.
A prioridade de Iglesias é o produto, procedente en exclusiva da despensa que ofrece Galicia: peixe fresco, marisco das rías, carne e verduras dos produtores locais. Nos seus pratos destaca o respecto á materia prima, con elaboracións mínimas para aproveitar a calidade e o sabor. O chef deixa oco para técnicas modernas coas que, como el di, pode obter un mellor resultado da cociña galega tradicional.
En el Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará en una Jam Session atlántica junto a Andrés Médici (PurOsushi) e Iria Espinosa (Árbore da Veira*).
