Andrés Médici

Andrés Médici

Showcookings

Establecemento

PurOsushi

Actividade

Jam Session Atlántica III, xunto a Iria Espinosa (Árbore da Veira*) e Gerson Iglesias (As Caldas)

Produto: Bonito

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 13:30 – 14:15 h

ONDE?

Escenario SAL

   

Andrés Médici (Bahía Blanca, Arxentina) comeza a súa formación na cociña xaponesa en 1998 da man do prestixioso cociñeiro Iwao Komiyama -recoñecido polo goberno xaponés en 2009 como o mellor chef de cociña xaponesa fóra de Xapón-, con quen pasou máis de tres anos aprendendo a técnica da cociña tradicional nipoa e o respecto polo produto. Tralo seu paso polo restaurante Taro  Guadalpín de Marbella e o Hotel  Hermige de Andorra, chega a Vigo en 2006 para abrir purOsushi.

Sempre en constante aprendizaxe, Médici conta coa certificación oficial AJSA que o habilita como formador en técnicas de sushi. A súa cociña é  meticulosa, profunda, minimalista, mesturando técnicas tradicionais con outras máis innovadoras.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Gerson Iglesias (As Caldas) e Iria Espinosa (Árbore da Veira*).

00000