Iria Espinosa

Iria Espinosa

Showcookings

Establecemento

Árbore da Veira*

Actividade

Jam Session xunto a Gerson Iglesias (As Caldas) e Andrés Médici (PurOsushi)

Produto: Bonito

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 13:30 – 14:15

ONDE?

Escenario SAL

    

Iria Espinosa descobre a súa paixón pola cociña grazas á súa avoa Pepa. Formada no CIFP Paseo das Pontes da Coruña, ten o seu primeiro contacto coa cociña profesional na empresa de cátering  Boketé, ás ordes de Javier Rodríguez “Taky”. En 2006 entra a formar parte do equipo do Restaurante Alborada e emprende unha carreira meteórica. En 2009 gaña o Campionato Galego de Cociñeiros e consegue o premio á Mellor Axudante de Cociña de España no Concurso Bouse D’ Or. Nese mesmo ano inicia o proxecto Vinoteca Bernardina en San Sebastián. En 2010 regresa ás cociñas do Alborada con Luis Veira, conseguindo a Estrella Michelin. É en 2012 cando se involucra como xefa de cociña no proxecto persoal do chef Luis Veira, Árbore da Veira, galardoado tamén cunha Estrella. Un proxecto no que Iria é unha das pezas clave da súa cociña innovadora.

A súa cociña é desenfadada, sensible e profunda, sen deixar nada á improvisación na súa procura do sabor.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Gerson Iglesias (As Caldas) e Andrés Médici (PurOsushi).

00000