Daniel López

Daniel López

Showcookings

Establecemento

O Camiño do Inglés

Actividade

Jam Session Atlántica IV, xunto a Diego López ‘Moli’ (La Molinera)

Produto: Vieira

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 18:00 – 18:30

ONDE?

Escenario SAL

   

Daniel López estuda Hostalería e Cociña no IES Fragas do Eume e despois fórmase nos fogóns de Casa Marcelo, Casa Pendás e en Le Bistrot  du Paz, en  Courchevel (Francia). O novo cociñeiro inaugura O Camiño do Inglés en 2010, unha aposta que pon a Ferrol no mapa da alta cociña. Desde entón os recoñecementos sucédense. En 2017, a Guía Michelín outórgalle o selo Bib Gourmand polo mérito de elaborar unha cociña de calidade a un prezo alcanzable. Ese mesmo ano tamén se alza como gañador do Campionato de España de Tapas no Salón de Gourmets e é finalista do Certame Cociñeiro Novo do Ano no Fórum Gastronómico da Coruña.

A súa é unha cociña internacional e viaxeira, coa técnica posta ao servizo dos produtos, que chegan directos do mercado ferrolán.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Diego López ‘Moli’ (La Molinera).

00000