
Diego López “Moli”
Showcookings
Este chef de Lalín formouse en restaurantes como a Terraza do Casino, de Paco Roncero, en Madrid; Dos Cielos, dos irmáns Torres, en Barcelona; e en Casa Solla, con Pepe Solla, en Poio (Pontevedra). En 2010 Diego asume as rendas da cociña do restaurante familiar La Molinera (Lalín), fundado en 1985 e famoso polo seu cocido galego. Mantendo a identidade da casa, “Moli” ofrece propostas de cociña galega renovada, o que lle levou a gañar o premio Cociñeiro do Ano no Fórum Gastronómico A Coruña 2014. Diego López tamén é embaixador de Galicia en países latinoamericanos, sobre todo en México, onde colaborou co restaurante Punto MX do chef Roberto Ruiz, único restaurante mexicano con Estrella Michelín.
No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña participará nunha Jam Session atlántica xunto a Daniel López (O Camiño do Inglés).
