

Marcos Morán
Showcookings
A Marcos Morán a cociña vénlle de familia. En 1999 comeza a traballar no negocio familiar, Casa Gerardo (Prendes, Asturias) cunha tradición que se remonta a 1882 e que conta coa Estrella Michelín desde hai máis de 25 anos. Morán fórmase na Escola de Hostalería de Xixón e pasa polo Celler de Can Roca, así como aprende de Arzak, Berasategui ou Zuberoa.
A cociña de Marcos Morán é unha revisión da gastronomía tradicional asturiana e reflicte o mellor da vertente Cantábrica.