Pepe Solla

Pepe Solla

Showcookings

Establecemento

Casa Solla *

Actividade

Showcooking

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Sábado 16 Xuño / 18:30 – 19:15

ONDE?

Escenario SAL

  

Autodidacta, Pepe Solla comeza a súa andaina como sumiller no restaurante da súa familia, Casa Solla, en Poio (Pontevedra). Aos poucos, o seu interese polas reviravoltas do restaurante convertéronse en vocación e, tras formarse con mestres como Ferrán Adriá, faise coas rendas do negocio familiar en 2001, para convertelo nun imprescindible da cociña de vangarda galega, sempre co produto de calidade e a creatividade por bandeira.

Casa Solla mantén de forma ininterrompida a Estrella Michelín desde 1980, sendo un dos establecementos máis lonxevos con este recoñecemento.  Solla é membro fundador da Asociación Galega de Sumilleres e do Grupo  Nove, unha  asociación constituída por cociñeiros que teñen en común a  innovación, a creatividade e a  devoción polos produtos autóctonos.

00000