Ricardo Sotres
Showcookings
Ricardo González Sotres estudou cociña na Escola de Hostalería de Llanes. Durante catro anos traballa á beira do chef Nacho Manzano en casa Marcial. Despois pasa por Ca Sento e Las Rejas. Tras estas experiencias decide volver a Asturias e tomar as rendas o negocio familiar, El Retiro en Pancar (Llanes), que eleva ao firmamento Michelín en 2014.
A súa cociña é unha mestura de tradición e vangarda, pero sempre dando prioridade ao produto de proximidade e ás súas raíces asturianas. Sotres é pura intuición e natureza, algo que se reflicte nunha cociña reflexiva e serena.