Ana Portals

Ana Portals

Showcookings

Establecemento

Solleiros

Actividade

Jam Session Atlántica II xunto a Marco Varela (Sábrego) e Jorge Gago (A Maceta)

Produto: Xurel

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Venres 15 Xuño / 19:45 – 20:30

ONDE?

Escenario SAL

  

Formada en hostalería no CIFP Compostela, Ana Portals especialízase en Técnicas Culinarias de Vangarda no Basque Culinary Center. É en 2015, sendo chef na Curtidoría, cando se converte na única muller en alcanzar a final dun premio organizado polo centro vasco. Non gañou, pero serviu para revolucionar o panorama gastronómico de Galicia coa súa visión da cociña tradicional. Tras trece anos de carreira profesional en recoñecidos restaurantes como  Arzak ou Casa Marcelo, en 2017 abre o seu proxecto persoal: Solleiros, o restaurante do Hotel San Miguel en pleno centro histórico de Santiago de Compostela.

As esencias de Ana Portals son a cociña aberta e a elaboración artesanal con produtos da terra. A chef, que non renuncia á vangarda, adora o autóctono, o tradicional e a sinxeleza. Nos seus pratos non faltan as chiscadelas ao mar e ás especialidades de Esteiro, a súa aldeao na ría de Muros.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña Ana Portals participará nunha Jam Session atlántica xunto a Jorge Gago (A Maceta) Marco Varela (Sábrego).

00000