Jorge Gago

Jorge Gago

Showcookings

Establecemento

A Maceta

Actividade

Jam Session Atlántica II xunto a Marco Varela (Sábrego) e Ana Portals (Solleiros)

Produto: Xurel

Non require inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

CANDO?

Venres 15 Xuño / 19:45 – 20:30

ONDE?

Escenario SAL

   

Jorge Gago, o novísimo chef de Caldas de Reis, deixou o seu traballo como axente forestal para centrarse na súa paixón: os fogóns. Fórmase nas cociñas da  Curtidoría e Manso (Santiago de Compostela) e na agora desaparecida A Estación de Cambre. En 2016 inaugúrase A Maceta en Compostela baixo a dirección de  Gago na cociña. Tras oito meses de traballo neste restaurante, faise co galardón  Cociñeiro  Novo 2017, un premio que recoñece aos cociñeiros emerxentes galegos que apostan polo produto de proximidade e ecolóxicos.

En A Maceta aposta pola cociña de produto, tanto local como estranxeiro, sempre cun denominador común: a calidade extrema. Jorge Gago esfórzase para ofrecer unha experiencia gastronómica diferente, innovando e movéndose con axilidade por correntes diversas, desde os toques asiáticos aos latinos.

No Festival SAL Sabores Atlánticos A Coruña Jorge Gago participará nunha Jam Session atlántica xunto a Marco Varela (Sábrego) e Ana Portals (Solleiros).

00000